Cargando resultados...
Fit1nho, representante galego do mundo competitivo de Valorant
Falamos co xogador de Giants Gaming vigués dende Berlín no Valorant Champions Tour

G24.gal
06/05/2023 16:22
Última actualización 06/05/2023 17:30
É un dos xogadores galegos de deportes electrónicos con máis futuro, proxección e palmarés con tan só 23 anos. Adolfo Gallego, Fit1nho, nado en Vigo é o capitán e xogador franquía de Valorant no equipo Giants Gaming que compite internacionalmente nunha morea de videoxogos.
Fiti, con pasado no CSGO, é agora un dos xogadores importantes da competición por excelencia de Valorant. São Paulo, Berlín… e coa ollada posta en clasificarse para o Mundial de Tokyo. Pero malia todas as viaxes, segue vivindo en Vigo.
Hoxe estivemos con el na sección de deportes electrónicos da man de Anxo Tato e Antón Vieites.