Cargando resultados...
Galaxia publica os cadernos inéditos de Luísa Villalta
'Formas breves de pensamento' compila textos do legado literario da escritora
Aforismos, haikus, reflexións e breves poemas en edición de Luciano Rodríguez
G24.gal
29/10/2024 07:58
Luísa Villalta adoitaba acompañarse de cadernos a xeito de diarios en que apuntaba ideas, reflexións, textos que configurarían despois outros proxectos.
A editorial Galaxia reúne algúns deses materiais do legado da escritora no volume Formas breves de pensamento. Presenta, en edición de Luciano Rodríguez, un conxunto de aforismos, haikus e poemas breves así como os cadernos titulados Compendium musices arredor da música e a literatura.