Foz recomenda nin beber nin cociñar con auga da traída por substancias nocivas
Líbrase a parroquia de Cordido desta recomendación

O Concello de Foz comunicou esta tarde a recomendación de non usar a subministración de auga para a preparación de alimentos ou para beber. A razón está na aparición de altos niveis de substancias nocivas.
O propio comunicado explica que, aínda que o risco asóciase cun consumo continuado, esta é "unha medida preventiva ata que diminúan os niveis, tal e como suxire a Consellería de Sanidade".
Desta recomendación líbrase a parroquia de Cordido, xa que recibe subministración dunha rede independente. A concesionaria, Gestauga, xa iniciou os procesos para volver aos valores normais coas medidas de corrección necesarias no proceso de potabilización, polo que se agarda volver á normalidade "nun curto período de tempo".