Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fracasa o primeiro intento do PP para apartar a Jácome da alcaldía de Ourense

Fracasa o primeiro intento do PP para apartar a Jácome da alcaldía de Ourense

O candidato do BNG non quixo sentar este venres a negociar: "Non nos gusta esta foto"

O PSdeG di que hai que respectar os tempos que marquen as direccións dos partidos a nivel galego

O PP volve emprazar a BNG e PSdeG a vindeira semana. Cre o caso de Ourense non debe entrar nunha estratexia xeral de pactos

Rueda cre que a actitude de PSOE e BNG fan “moi difícil” unha solución a Ourense

G24.gal 02/06/2023 15:40 Última actualización 02/06/2023 16:38

O candidato do BNG á alcaldía de Ourense non quere sentar co PP para facerlle un cordón sanitario a Jácome. Pídenlles aos populares claridade nas propostas e aseguran que habería que respectar a vontade da cidade.

"O pobo ordena cando nos benefician e cando nos sorrín as urnas e cando non, e Jácome foi o máis votado e iso hai que respectalo. A nós non nos gusta esta foto. A realidade é a que é e non a podemos cambiar", di Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense.

Mentres, o candidato socialista si estaría disposto a chegar a acordos cos populares.

"Visto o resultado das eleccións, o único que cabe é un acordo coas demais forzas políticas", di Francisco Rodríguez, candidato socialista á alcaldía.

Aínda así non acudirá tampouco á reunión que lles pediu Cabezas tanto ao PSOE coma ao BNG. Di que respecta as directrices do partido a nivel galego, en que prioriza os acordos cos nacionalistas.

"Deixar claro que será a dirección galega que será a dirección galega a que teña que encomendarse esa tarefa tan importante de negociar pactos", insiste Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG.

O PSOE e o BNG dixeron durante toda a campaña, coma nós, que non queren que goberne o actual alcalde, pero tampouco se queren sentar co Partido Popular. En que quedamos? Non se aclaran. Van co non por diante e o único que fan é poñerlle un cordón sanitario ao Partido Popular, di a secretaria xeral do PPdeG.

Paula Prado di que a única opción é que apoien o candidato popular e avisan: se Jácome goberna Ourense a partir do día 17 a culpa será, din os populares, do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego.

O candidato do PP á alcaldía, Manuel Cabezas volveu emprazar os outros cabezas de cartel a reunírense a vindeira semana. Nun comunicado publicado este venres di que Ourense ten unhas circunstancias extraordinarias que xustifican que non entre nunha estratexia xeral de pactos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade