Cargando resultados...
Galicia empeza a dar citas para a vacina contra a covid para menores de 60 anos
Xa se pode solicitar a cita na web ou na aplicación móbil do Sergas
Vacina contra a covid / Arquivo
G24.gal
17/12/2022 10:11
Os menores de 60 anos que desexen vacinarse contra a covid xa poden pedir cita. O Sergas xa activou o sistema para poder facelo, ben a través da súa web ou da aplicación Sergas Móbil.
Esta dose de reforzo recibirase nos hospitais. Este sistema de asignación de citas tamén está dispoñible para os nenos de seis meses a cinco anos con factores de risco para a saúde.
É a primeira vez que se inicia o proceso de inmunización para este grupo de idade.