Cargando resultados...
Galicia acada as 70.000 persoas dependentes con prestación asistencial
Rueda anuncia que Mos, canda Santiago, contará co primeiro centro público de coidados intermedios de España
G24.gal
01/04/2023 21:05
A atención aos maiores e ás persoas con discapacidade é unha prioridade para a Xunta, di, o presidente Alfonso Rueda, que lembra que neste mesmo concello de Mos están construíndo unha das primeiras residencias públicas de coidados intermedios de España.
O presidente destaca que Galicia pasou de ter en 2009 14.000 persoas cunha prestación por dependencia ás 70.000 actuais. Recíbena o 97 % dos que a teñen recoñecida.
O novo centro de día de Mos ofrece 25 prazas de atención, ampliables a 40. Conta con servizo de enfermería, ximnasio, sala de actividades e cociña.