Cargando resultados...
Galicia chega aos 34,5 graos, récord histórico para un mes de abril
O concello ourensán de Leiro foi onde se rexistrou a temperatura máxima
G24.gal
12/04/2024 19:15
Última actualización 12/04/2024 20:27
O concello ourensán de Leiro alcanzou este venres 34,5 graos, un máximo histórico para o mes de abril. Segundo Meteogalicia, Ourense cidade chegou aos 33,9 graos, seguido de Arnoia (33,2 graos) e o municipio lucense de Monforte de Lemos (32,8 graos).
Pola contra, a temperatura máis baixa (4,1 graos) rexistrouse no municipio ourensán de Calvos de Randín ás 6,10 horas deste venres.
Xa o xoves batíase outra marca, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) explicaba que a estación de Vigo superaba por primeira vez os 30 graos nun mes de abril.