Publicador de contidos

Publicador de contidos

As nubes poden impedir gozar da eclipse parcial de Lúa en Galicia. Víveo en G24

As nubes poden impedir gozar da eclipse parcial de Lúa en Galicia. Víveo en G24

Poderás seguilo a partir das 4:30 da madrugada con sinal desde Madrid

Arquivo/Europapress (O directo, a través de Reuters Live) Arquivo/Europapress (O directo, a través de Reuters Live)
G24.gal 27/08/2026 08:40 Última actualización 27/08/2026 14:46

Na madrugada do venres día 28 vai ter lugar unha eclipse parcial de Lúa que alcanzará a máxima ocultación ás 6:13 horas. Este será o último fenómeno astronómico relevante deste mes de agosto, despois da eclipse solar do pasado día 12 e das Perseidas na noite seguinte.

Trátase neste caso nunha eclipse parcial de Lúa, á que lle faltará moi pouco para ser total, de feito no máximo da eclipse (6 horas e 13 minutos) un 93 % do diámetro do noso satélite natural estará eclipsado pola sombra da Terra.

Unindo as tanxentes interiores aos discos solar e terrestre formará o chamado cono de penumbra, que se vai abrindo, "en tanto que se facemos o mesmo coas tanxentes exteriores temos o cono de sombra que ao contrario que o outro se vai pechando", sinala o profesor Docobo.

Se cortamos estes dous conos cun plano perpendicular, a liña que une os centros do Sol e do noso planeta, obtéñense dous círculos polos que vai pasar a Lúa.

Neste caso, a Lúa comezará a entrar ás 3:25 horas no cono de penumbra e ás 4:34 horas farao no cono de sombra, comezando neste intre a eclipse parcial. Esta fase durará ata as 7:51 horas, tendo lugar a máxima ocultación ás 6:13 horas. Finalmente, e seguindo unha secuencia simétrica, a Lúa abandonará o cono de penumbra ás 9:01 horas, dando por finalizada a eclipse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade