Galicia recibirá 7,5 millóns para reestruturación e reconversión do viñedo
A Conferencia Sectorial de Agricultura reparte 117 millóns entre as comunidades autónomas

A Conferencia Sectorial de Agricultura acordou o reparto de fondos para reestruturación e reconversión do viñedo. En total, o Goberno e as comunidades autónomas destinarán 117 millóns de euros con este cometido. Desa partida, a Galicia correspóndenlle case sete millóns e medio de euros.
O reparto presupostario é o do exercicio financerio de 2024. E no caso das operacións bianuais, repartiuse o orzamento comprometido para 2025. Dos 7,5 millóns que recibirá Galicia, máis de 4,5 millóns son o importe do ano que vén e 2,8 millóns corresponden a 2025.
O ministro Luis Planas asegurou que estes fondos contribuirán a mellorar a competitividade do sector vitivinícola español.