O Rexo aposta polo pastoreo virtual de cabras en Allariz
O sistema permite establecer valados virtuais para o control do gando a través dunha aplicación
Os animais contan cun dispositivo xeolocalizado que funciona como colar e que emite sons ou impulsos eléctricos cando saen dos límites que se fixan
As novas tecnoloxías están a mudar o xeito de pastorear. En Allariz, o proxecto agrodandeiro do Rexo, decidiu pór en marcha un rabaño de cabras pero xestionado a través dun novidoso sistema.
Tan só é necesario un teléfono móbil para delimitar un peche virtual e uns colares con xeolocalizador para controlar os animais.
Cando intenten superar o límite que se fixou, o dispositivo emitira uns sons para disuadilos. Se persisten, recibirán impulsos eléctricos semellantes aos dun pastor eléctrico convencional.
Unha ferramenta que mellora a xestión da gandaría en extensivo xa que facilita a rotación do rabaño e polo tanto a rexeneración da terreo. Recuperar as zonas agrícolas que quedaron abandonadas é o obxectivo co que naceu o Rexo.
Xunto as ovellas de leite, agora conta cun rabaño de cabras para acadar ese equilibrio medioambiental. Polo momento son 20 exemplares, pero queren chegar aos 80 para pastorear un espazo de como mínimo dez hectáreas.