Gran parte de Portugal está en seca extrema ou severa
Portugal sofre unha seca histórica provocada pola falta de chuvia dos últimos meses
Lugares próximos á fronteira con Galicia xa tomaron medidas para o aforro de auga

A metade de Portugal está en seca severa ou extrema. A falta de chuvia dende hai meses fai que se apliquen restricións, mesmo nos lugares menos esperados. É o caso da cidade de Viana do Castelo que polo xeral mesmo podemos cualificar de lixeiramente chuviosa. Alí, o Concello suspendeu a rega dos seus espazos verdes. Ademais a vixilancia contra os incendios forestais vai ser anticipada e, atención, porque como non chova pronto abundantemente mesmo reducirán o uso de auga nas vivendas.
Portugal vive unha situación de seca histórica cos seus encoros en mínimos nunca vistos. 5 centrais hidroeléctricas, dúas delas moi achegadas a Galicia, pararon a súa actividade a semana pasada e no centro e sur de país hai concellos enteiros sen auga que darlle ao gando.