Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guía Repsol recoñece seis novos Soles a restaurantes galegos

Guía Repsol recoñece seis novos Soles a restaurantes galegos

A Tafona de Lucía Freitas distinguida pola aposta pola sustentabilidade

O Simpar, de Santiago, é unha das novas incorporacións O Simpar, de Santiago, é unha das novas incorporacións
G24.gal 04/03/2024 21:15

Galicia conta desde este luns con seis novos restaurantes recoñecidos con Soles da Guía Repsol, que, ademais, recoñeceron a Tafona da cociñeira Lucía Freitas pola súa aposta pola sustentabilidade.

A entrega dos Soles Guía Repsol tivo lugar este luns no Auditorio e Palacio de Congresos El Batel de Cartaxena, onde se desvelou a nova relación de restaurantes con Soles, distinción que en Galicia teñen xa 40 establecementos.

As novas incorporacións son Balarés de Ponteceso, Eclectic da Coruña, O'fragón de Fisterra, Javier Montero de Ribadeo, Terreo Cociña Casual da Coruña e Simpar de Santiago.

Ademais, tamén se recoñeceu a sustentabilidade do restaurante da chef Lucía Freitas, A Tafona, en Santiago, que xa conta con dous Soles e que este ano recibiu o Premio Sol Sostible. O uso responsable de materias primas e a xestión enerxética eficiente son os eixos principais destes premios, que, por cuarto ano consecutivo, recoñecen a sustentabilidade de catro cociñas con enfoques e en territorios moi diversos.

Coas novas incorporacións, un total de 764 restaurantes forman o "universo" de Soles Guía Repsol (44 tres Soles, 168 dous Soles e 552 un Sol) e 1.453 Recomendados (con 271 novidades). Cataluña (115), Comunidade de Madrid (101), Euskadi (71), Andalucía (74), Comunitat Valenciana (60) e Castela e León (59) son as rexións con máis Soles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade