Visitas guiadas na escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

É a única de Galicia e a segunda máis antiga de España

Estudante facendo o seu traballo
G24.gal 16/11/2023 16:23

Con motivo da celebración do Día Internacional do Patrimonio, a escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ofrece unha xornada de portas abertas. É a única de Galicia e de todo o noroeste peninsular. Concretamente, sitúase en Pontevedra.

Non só é a única galega, senón tamén a segunda máis antiga de España. Grazas a súa iniciativa poderanse visitar os laboratorios de restauración de arqueoloxía, escultura e pintura e ver como traballan os estudantes.

"Temos convenios con institucións públicas" e "temos un pouquiño de todo", informa o vicerreitor do centro, Álvaro Arigazaga.

Esta mesma xornada repetiuse fai catro anos, e un dos estudantes que asistiu atópase actualmente a piques de rematar o seu paso pola escola: "Hai que intentar sempre ser o mellor, porque sempre se busca o mellor", comenta.

Outra estudante afirma que recibe "unha formación moi completa".

Cabe destacar que esta escola colabora activa e altruistamente na conservación do patrimonio cultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade