Cargando resultados...
Identifican en Lugo un mozo de 13 anos que rompeu un banco público "porque se aburría"
Os membros da patrulla sorprenderon o menor mentres danaba un banco situado na rúa Fonte da Bica, ao que quitara varias táboas

G24.gal
05/08/2024 10:18
Axentes da Policía Local de Lugo identificaron na tarde deste domingo un mozo de 13 anos que estaba a causar danos nun banco público porque, segundo contou aos efectivos, "se aburría".
Os membros da patrulla sorprenderon o menor mentres danaba un banco situado na rúa Fonte da Bica, ao que quitara varias táboas.
Os axentes deron aviso aos seus pais, que compareceron no lugar dos feitos e fixéronse cargo do menor. Ademais, confeccionaron as oportunas dilixencias polos danos realizados.