Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisados 234 quilos de cocaína nun barco no porto da Coruña

Comisados 234 quilos de cocaína nun barco no porto da Coruña

As investigacións seguen abertas e polo momento non hai detidos

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, amosa os 234 qilos de cocaína incautados no 'Energy Glory' (EFE/Cabalar)
G24.gal 16/12/2024 10:39 Última actualización 16/12/2024 14:13

A Garda Civil, en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira, incautouse este domingo de 234 quilos de cocaína nun barco que chegou ao porto exterior da Coruña, segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nun acto en Lonzas, na Comandancia da Coruña, lugar onde se trasladou a droga, con presenza de responsables deste Corpo e do Servizo Vixilancia Aduaneira.

"Nunha desas revisións que se fan habitualmente de barcos que proceden de zonas que eles consideran perigosas ou quentes e, polo tanto, de procedencia do Brasil (...)", explicou o delegado.

O buque denominado Energy Glory é de bandeira panameña e a tripulación, filipina, incluído o capitán e atracou no porto exterior de Punta Langosteira o sábado, ás 23:45 horas, facendo unha escala con destino a Huelva, sen declarar o destino definitivo.

O que transportaba eran 25.000 toneladas de fariña e foi ás 13:00 horas cando foron localizados os oito fardos nun conduto de refrixeración de popa, que contiña 229 paquetes dun quilo de cocaína cada un. 

Polo momento non hai detidos, aínda así o delegado explicou que "están abertas as investigacións oportunas para identificar os autores da trama" e situou esta operación na loita "incansable" contra o narcotráfico e agradeceu o labor dos axentes implicados na procura.

"Un novo éxito das forzas e corpos de seguridade do Estado" e que "impide introducir en Europa e en España unha importante cantidade de droga", destacou con respecto ao operativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade