Cargando resultados...
Incáutanse de 4,5 toneladas de haxix en Barcelona e desartellan un perigoso grupo criminal
TIñan formación militar e armas de guerra

G24.gal
20/09/2023 21:43
Última actualización 20/09/2023 22:12
A Garda Civil recuperou 4,5 de haxix na costa do Garraf, en Barcelona, nunha das maiores operacións contra o narcotráfico en Cataluña. A droga ía oculta en dous camións.
Con esta incautación de droga remataba a operación Rescatada, que comezou hai catro anos e permitiu desartellar un grupo criminal moi violento e con formación militar. Tamén lles requisaron armas curtas e de guerra.
Nesta última fase prenderon 17 persoas, pero xa están en prisión preventiva outros 33 presuntos integrantes da mesma organización detidos en redadas anteriores. Nos catro anos que durou o operativo a Garda Civil incautóselle a esta banda de narcotraficantes de 5,7 toneladas de haxix.