Intoxicadas catro persoas en Monterrei por inhalación de monóxido de carbono
Segundo os bombeiros, fixeron unha grellada dentro dun cuarto que carecía de ventilación
Os afectados tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario

Catro persoas tiveron que ser trasladadas a un centro sanitario de Monterrei (Ourense) por inhalación de monóxido de carbono.
O suceso tivo lugar sobre as 15:15 horas deste domingo. Segundo o 112 Galicia, os afectados estaban a facer unha grellada no lugar da Pousa.
Ata alí trasladáronse efectivos do servizo de emerxencias sanitarias Galicia-061, dos bombeiros de Verín, da Garda Civil e do Grupo de Voluntariado de Protección Civil de Monterrei.
Tras facer as medicións pertinentes, os bombeiros confirmaron a existencia dunha intoxicación por monóxido de carbono. Segundo indicaron, a causa da mesma foi ter empregado a grella dentro dun cuarto sen ventilación.
Despois de apagala e ventilar o cuarto, o persoal médico trasladou as catro persoas afectadas a un centro hospitalario.