Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o asalto nunha empresa de Coristanco en que ameazaron unha empregada

Investigan o asalto nunha empresa de Coristanco en que ameazaron unha empregada

Tres persoas coa cara cuberta tentaron perpetrar un roubo o venres pola tarde, ameazando unha traballadora do servizo da limpeza á que encanonaron e esixíronlle o código da caixa forte

G24.gal 20/01/2025 13:43

Continúan as investigacións sobre o asalto no que ameazaron unha empregada cunha pistola e unha escopeta nunha empresa no concello coruñés de Coristanco.

Tres persoas coa cara cuberta tentaron perpetrar un roubo o venres pola tarde, ameazando unha traballadora do servizo da limpeza, á que apuntaron cunha arma e esixíronlle o código da caixa forte.

Cando os asaltantes viron que non conseguían o seu obxectivo fuxiron nun vehículo co que sufriron un accidente e continuaron a pé en dirección Carballo.

Utilizaron dous coches para levar a cabo o asalto, un deles un Seat León vermello que fora roubado e pintado de negro cun spray. A investigación está a cargo da Policía Xudicial de Carballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade