Cargando resultados...
Investigan por denuncia falsa catro exalumnas da Escola de Arte Dramática de Vigo
Denunciaran tres profesores por acoso sexual en 2020

G24.gal
28/04/2023 17:18
Última actualización 28/04/2023 18:25
Investigan por denuncia falsa as catro exalumnas da Escola de Arte Dramática de Vigo que en 2020 denunciaran tres dos seus profesores por acoso sexual e abuso de poder.
A causa arquivouse sen chegar a xuízo por falta de probas, pero os profesores estiveron suspendidos durante o ano e medio que durou o proceso.
Agora un deles decidiu denunciar as catro mulleres que deberán comparecer no mes de xuño no xulgado número seis de Vigo, que as investiga por denuncia falsa.
Unha delas é na actualidade profesora da Escola de Arte Dramática.