Cargando resultados...
Investigan unha suposta agresión sexual a unha menor no Grove
A familia da nena presentou unha denuncia por uns feitos supostamente ocorridos o sábado

G24.gal
26/08/2024 11:42
A Garda Civil investiga unha suposta agresión sexual a unha menor no Grove, segundo informaron a Europa Press fontes próximas ao caso.
A denuncia foi formalizada pola familia en relación a uns feitos que, supostamente, se produciron o sábado no citado municipio pontevedrés.
Agora abríronse as correspondentes actuacións para investigar os feitos e esclarecer o sucedido en relación cunha suposta agresión sexual atribuída a outro menor.