Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lanzan unha bomba de palenque no centro de Arzúa e impacta contra un edificio

Lanzan unha bomba de palenque no centro de Arzúa e impacta contra un edificio

A onda expansiva do artefacto causou estragos materiais nunha das vivendas dedicada a notaría e fixo que caeran cascallos e cristais á rúa

Ata o lugar mobilizáronse os bombeiros do parque provincial de Arzúa

Estourido dunha bomba de palenque na Praza de Galicia de Arzúa/ Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña Estourido dunha bomba de palenque na Praza de Galicia de Arzúa/ Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña
G24.gal 17/11/2024 12:22

Susto no centro de Arzúa a noite do sábado. O estouro dunha bomba de palenque contra un edificio na praza de Galicia mobilizou os bombeiros do parque provincial.

Os feitos sucederon contra as 00:45 horas desta madrugada, informa o Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Coruña.

Ao chegaren ao lugar, os bombeiros comprobaron que o incidente produciuse ao lanzarse unha bomba de palenque desde a rúa que impactou contra o segundo andar do edificio onde se atopa o Bar Praza, provocando a caída de cascallos e cristais á rúa.

O segundo andar, unha notaría, estaba desocupada neses momentos, polo que non houbo que lamentar danos persoais e só se produciron danos materiais, sen que se chegase a declarar un incendio. No operativo participou tamén persoal de Protección Civil de Arzúa e axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade