Máis da metade dos condutores falecidos nas estradas dan positivo en alcol ou drogas
Tráfico fará este verán 400.000 probas de alcolemia máis que o ano pasado
Dos falecidos sometidos a análises toxicolóxicas, un 32 % deu positivo en alcol, un 22 % en drogas e un 15 % en psicofármacos
Un 87% dos positivos por consumo foron homes
Este verán Tráfico fará 400.000 probas de alcolemia máis que o ano pasado nas vías de toda España. Trátase de reducir o número de mortes en estrada porque hai un dato moi preocupante. Máis da metade dos condutores que morreron en accidentes o ano pasado deron positivo
O alcol segue sendo a substancia máis detectada entre os condutores falecidos. Dos 862 sometidos a análises toxicolóxicas o ano pasado, un 32 % deu positivo a alcol, un 22 % a drogas, principalmente cocaína e cánnabis e un 15 % a psicofármacos.
A maioría dos que deron positivo por consumo foron homes cun 87 %, fronte a un 12 % de mulleres. Como novidade con respecto ao ano pasado, a memoria presentada hoxe polo Instituto Nacional de Toxicoloxía percibe un progresivo ascenso dos positivos en drogas, sobre todo en cocaína e ketamina, e un descenso no alcol.
Por idades, a franxa que concentra a maioría dos positivos é a que vai dos 25 aos 54 anos. Son datos que seguen preocupando a Dirección Xeral de Tráfico, que xa anunciou que este ano vai realizar catrocentos mil controis de alcolemia máis que o ano anterior.