Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente múltiple obriga a cortar a Autoestrada do Atlántico á altura de Oroso

Un accidente múltiple obriga a cortar a Autoestrada do Atlántico á altura de Oroso

No sinistro, que deixou un ferido leve, víronse implicados seis coches

O suceso provocou retencións na AP-9

G24.gal 27/01/2025 21:27 Última actualización 28/01/2025 10:01

Un accidente de tráfico obrigou a cortar este luns a autoestrada AP-9 ao seu paso polo concello coruñés de Oroso.

O sinistro ocorreu contra ás oito e media, provocando importantes retencións na vía e un ferido leve.

O 112 pediu a intervención de efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso.

Despois de que os diferentes medios acudisen á zona, confirmaron que había un total de seis turismos implicados, cun único ferido e de carácter leve. Foi necesario cortar a vía durante a intervención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade