Cargando resultados...
As fortes choivas deixan máis dun cento de persoas mortas no Nepal
Os danos nos edificios escolares e nos medios de transporte levaron o Goberno a suspender as clases un mínimo de tres días
G24.gal
29/09/2024 19:11
Última actualización 29/09/2024 19:38
As chuvias intensas caídas no Nepal provocaron inundacións xeneralizadas e levan causado polo menos 129 mortos e decenas de desaparecidos. Os danos nos edificios escolares e nos medios de transporte levaron o Goberno a suspender as clases un mínimo de tres días.
No val de Katmandú rexistrouse a maior cantidade de chuvia desde 1970, con milleiros de fogares anegados. Os principais ríos están por riba do nivel de perigo e as autoridades cren que o número de vítimas mortais aumentará cando baixe o nivel da auga.