Cargando resultados...
Máis de 200 motos participan nun encontro nunha aldea de Laza de 30 veciños
Touro acolle unha nova edición do Motoros, evento creado en 2016
Aproveitan a xornada para coñecer o sur da provincia de Ourense
G24.gal
20/05/2023 13:59
Última actualización 20/05/2023 14:07
"Máis de 200 persoas participan nesta edición do Motoros. Unha iniciativa de tres veciños da parroquia de Touro, en Laza. Van aproveitar a xornada para gozar da súa paixón pero tamén para facer turismo por esta parte sur da provincia de Ourense. Viñeron persoas de toda España nas súas motos e o evento vaise pechar cun xantar no que, por suposto, degustarán carne de touro."