Cargando resultados...
Os traballadores de Alcoa vólvense mobilizar en demanda de solucións para a factoría
A empresa non concretou as vendas previstas nin puxo en marcha o plan enerxético alternativo para garantir a continuidade da produción

G24.gal
30/10/2024 20:40
Última actualización 30/10/2024 20:52
Traballadores de Alcoa e veciños da Mariña concéntranse arestora en San Cibrao. Reclaman unha reunión urxente da comisión de seguimento para aclarar o futuro da factoría.
O comité de empresa lembra que Alcoa non concretou as vendas previstas nin puxo en marcha o plan enerxético alternativo para garantir a continuidade da produción. Por iso, piden que os gobernos central e autonómico obriguen a multinacional a concretar os compromisos adquiridos por todas as partes.