Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alumnos dun colexio de Ourense presentan máis de 30 inventos feitos no centro

Alumnos dun colexio de Ourense presentan máis de 30 inventos feitos no centro

Hoxe inaugurouse Expociencia, que ten máis de 20 anos de historia

Participan dende os máis cativos ata o alumnado de secundaria para espertarlles a vocación científica

G24.gal 07/03/2024 14:17

Espertar a curiosidade científica dende cativos é o obxectivo de Expociencia, o evento que se celebra dende hai máis de 20 anos nun colexio de Ourense. Participa dende o alumnado de infantil ata o de secundaria, e hoxe presentaron algúns dos máis de 30 inventos nos que levan meses traballando.

Por que quentan ao baño maría reladura de limón con auga destilada? Están extraendo esencia de limón cun destilador que estes alumnos do colexio Guillelme Brown argallaron. E con esta esencia de limón elaboran xabóns artesanais. Traballar en equipo e o entusiasmo son moi importantes para enxeñar e desenvolver estes proxectos. Como un sofisticado tirapedras ou este invento para saber a intensidade da corrente eléctrica dependendo da salinidade dun líquido.

Expociencia ten máis de vinte anos de historia, naceu para estimular a curiosidade científica dende cativos, cada proxecto vai en consonancia coa materia de cada curso. Hoxe presentan máis de 30 inventos nos que levan dende principio de curso traballando dende infantil ata secundaria. Non só hai traballos de ciencia e tecnoloxía, tamén de historia, xeografía, economía e lingua.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade