Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Federico Mayor Zaragoza, exministro de Educación e Ciencia e exdirector da Unesco

Falece Federico Mayor Zaragoza, exministro de Educación e Ciencia e exdirector da Unesco

Foi ministro durante o Goberno de Calvo-Sotelo en 1981 e 1982

Tamén foi reitor da Universidade de Granada e vicepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas

Federico Mayor Zaragoza / Universidad Pablo de Olavide Federico Mayor Zaragoza / Universidad Pablo de Olavide
G24.gal 19/12/2024 17:26

Falece aos 90 anos Federico Mayor Zaragoza, quen foi ministro de Educación e Ciencia durante o Goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo e exdirector xeral da Unesco. Tamén foi reitor da Universidade de Granada (UGR) e vicepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Confirmouno o secretario de Estado de Sanidade, Javier Padilla, nunha publicación en X, en que lamenta a súa morte e destaca a Mayor Zaragoza como "unha das persoas que máis traballou por impulsar o cribado neonatal no noso país".

Federico Mayor Zaragoza fue una de las personas que más trabajó por impulsar el cribado neonatal en nuestro país.

Ahora mismo, estaba trabajando con tesón para que se reconociera el cribado neonatal como derecho humano.

Descanse en paz.https://t.co/BsQ4CK85zj pic.twitter.com/wOqucReXgD

Mayor Zaragoza naceu en Barcelona en 1934 e foi doutor en Farmacia pola Facultade da Universidade Complutense de Madrid, posteriormente converteuse en reitor da Universidade de Granada entre 1968 e 1972. En 1971, foi nomeado como vicepresidente do CSIC e logo ocupou o posto de presidente en funcións. Cofundou o Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CBMSO).

Na súa carreira política destacou como subsecretario de Educación e Ciencia do Goberno presidido por Carlos Arias Navarro durante a ditadura franquista. Foi deputado no Parlamento de España por UCD nas primeiras eleccións e deputado no Parlamento Europeo por CDS.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade