Cargando resultados...
María Loureiro García, nova membro da RAGC
Foi a responsable de avaliar a repercusión ambiental do desastre do Prestige

G24.gal
09/11/2022 20:38
A catedrática de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago María Loureiro García xa é membro da Real Academia Galega de Ciencias.
A investigadora, incluída na lista de científicos de maior impacto mundial, foi a responsable de avaliar a repercusión ambiental do desastre do Prestige.
Os seus traballos están relacionados coa economía da enerxía ambiental e agraria.
O tema abordouno tamén no seu discurso de ingreso na Academia.