A economía española pechou 2024 cun crecemento do 3,2%
Debido ao impulso do consumo interno e o investimento
Cuerpo reiterou o compromiso de España de elevar o seu gasto en defensa ata o 2% do PIB en 2029
A economía española acelérase en 2024 e pecha o ano cun crecemento do 3,2 %, 0,5 puntos por encima do avance rexistrado en 2023.
Debido ao impulso do consumo interno e o investimento, fronte a unha demanda externa máis débil, de acordo cos datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
A demanda nacional contribuíu ao crecemento anual con 2,8 puntos porcentuais, mentres que a demanda externa (exportacións e importacións) achegou 0,6 puntos.
Só no cuarto trimestre de 2024 a economía avanzou o 0,8 %, a mesma taxa rexistrada no trimestre previo, polo empuxe do consumo dos fogares e a repunta do investimento empresarial.
O Ministro de Economía reiterou o compromiso de España de elevar o seu gasto en defensa ata o 2% do PIB en 2029, un obxectivo que se vai a cumprir respectando a responsabilidade orzamentaria e sen que "teña que sufrir outra partida".