Marta Ortega presenta ás institucións a exposición sobre Steven Meisel
O sábado abrirá a todos os públicos, nas edificacións rehabilitadas do peirao de batería da Coruña

A presidenta non executiva de Inditex, Marta Ortega, presentou hoxe a nova exposición fotográfica que promove na Coruña. Está dedicada ao estadounidense Steven Meisel, e volve colocar a cidade como unha das principais citas culturais europeas de outono .
A de hoxe foi unha primeira presentación privada para institucións. O sábado abrirá a todos os públicos, nas edificacións rehabilitadas do peirao de batería da Coruña.
A exposición reúne un cento de retratos realizados en 1993, o ano máis prolífico de Steven Meisel, e en pleno auxe das supermodelos. A presidenta de Inditex agarda repetir o éxito da anterior exposición que organizou, a de Peter Lindbergh. Desta vez a través da súa fundación cultural MOP.