Publicador de contidos

Publicador de contidos

Churros e zapatillas, tradicións de Aninovo en Betanzos

Churros e zapatillas, tradicións de Aninovo en Betanzos

A tradición brigantina leva a mocidade ata o mercado para rematar a festa

As zapatillas compradas úsanse ata o vindeiro ano

G24.gal 01/01/2025 19:44 Última actualización 01/01/2025 20:08

En Betanzos e a súa bisbarra a tradición dos churros lévaos de compras ao mercado de Aninovo.
Din que se non van, non é fin de ano.

Alá cumpren outra tradición local inescusable: cambiar o calzado de festa por unhas zapatillas, cómodas e quentes. Tras horas de xolda os pés doen moito, aínda que hai quen leva o calzado máis cómodo para evitalo. Entre os locais sempre hai forasteiros que descobren a tradición con pracer.

Por cinco euros o par, cómpre probalas, non vale calquera zapatilla: teñen que durar doce meses. Hai quen as merca aquí todos os anos.

Durante 365 días, unha soa ollada aos pés vainos transportar a ese momento no frío Aninovo no mercado brigantino, con ganas xa do próximo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade