Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obras no centro de Lugo causan molestias aos veciños

Obras no centro de Lugo causan molestias aos veciños

Veciños e vehículos comparten rúas antes peonís e sucédense as caídas e as lesións

G24.gal 16/04/2024 14:35

Totalmente levantada está a praza de Santo Domingo, sen rematar a de Ferrol, e esta é a estampa na rúa Montevideo.

"Miña nai, como está Lugo, levantadísimo, dá vergoña".

Vai facer un ano do inicio dos primeiros traballos e seguen sen rematar.

"Isto parece a obra do Escorial".

Vehículos e veciños teñen que compartir zonas que eran peonís.

"Moi incómodo, especialmente no inverno, que os coches salpícante. A rúa é moi estreita".

Pero ademais de incómodo é perigoso. Levantáronse as lousas e sucédense as caídas.

"Están levantadas moitas rúas peonís polas que agora pasa provisionalmente o tráfico e está habendo moitas caídas dos cidadáns".

"Hai cantidade de caídas. Están as lousas levantadas e a xente maior tropezamos á mínima".

Moitos na zona critican que se estean levando a cabo tantas obras ao mesmo tempo.

"Todas á vez, tiñan que acabar unhas e empezar outras".

"Tiñan que ir repartindo un pouco e por zonas, non desta maneira".

As obras, que non foron rematadas en prazo e están agora con prórrogas, supoñen ademais un caos diario no tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade