Cargando resultados...
Morre o exalcalde de Muíños, Rafael Pérez, ao caer dun tellado
O tellado de uralita cedeu e a persoa precipitouse ao chan
G24.gal
17/12/2024 19:29
Última actualización 18/12/2024 15:20
Rafael Pérez, exalcalde de Muíños, faleceu este martes aos 79 anos de idade ao caer dun tellado de uralita.
O home, coñecido pola veciñanza como Tito, estaba arranxando o tellado do seu alpendre cando o material cedeu e o home precipitouse ao chan dende unha altura de máis de catro metros.
Foi a súa muller quen o atopou xa sen vida e cun golpe na cabeza. O suceso ocorreu este martes arredor das tres da tarde no lugar de Laxal.
Ata a zona desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias e da Garda Civil. Os equipos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Rafael Pérez fora alcalde de Muíños durante 12 anos.