Morre un home en Esgos tras caer do teito dunha nave
Un particular avisou a Emerxencias do accidente tras ver cómo caía o home de 67 anos

Unha persoa faleceu este sábado tras caer desde un tellado situado a catro metros de altura na localidade ourensá de Esgos. O suceso ocorreu dez minutos despois das 17:00 horas, momento en que unha persoa particular contactou co 112 Galicia para pedir asistencia sanitaria para auxiliar á vítima, que se caeu desde o teito dunha nave.
Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Tamén se avisou ao GES do Pereiro de Aguiar, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Esgos. Os equipos de emerxencias só puideron certificar o falecemento do home.