Cargando resultados...
Morre un home na piscina dun cámping do Grove
O 112 apunta que o home faleceu a causa dun afogamento

G24.gal
02/06/2022 19:22
Un home de 57 anos faleceu na tarde deste xoves cando estaba na piscina dun cámping do concello pontevedrés do Grove. O suceso tivo lugar pasadas as catro da tarde nun cámping ubicado na parroquia de San Vicente do Mar. Ata o lugar mobilizouse un helicóptero de Urxencias Sanitarias do 061.
Os equipos de urxencias atenderon a vítima fóra da auga para practicarlle os exercicios de reanimación. Malia os esforzos, o home faleceu a causa dun afogamento, segundo apunta o 112.