Morre un motorista de 60 anos na Coruña por unha caída
Os servizos médicos desprazados ao punto só puideron confirmar o falecemento do home
Un home de 60 anos que ía a bordo dunha moto faleceu este martes logo de sufrir unha caída e bater contra un semáforo no barrio coruñés de Matogrande.
Segundo informan os servizos de emerxencias, aconteceu na AC-10 sobre as 09:30 horas, cando varios particulares chamaron ao 112 para alertar da caída.
🔴 #AXEGAInforma dun motorista falecido
— 112Galicia (@112Galicia) May 21, 2024
📍 AC11, PQ 1,1, Elviña, #ACoruña
▶️ Os alertadores aseguran que caeu contra a mediana e partiu o casco
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @Policia_Coruna pic.twitter.com/CuzfRiTa3o
O 112 deu aviso á Policía Local da Coruña e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou ata o punto unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado.
Con todo, os servizos médicos só puideron confirmar o falecemento do motorista.