Morre un mozo de 22 anos nun río de Riós
Un particular avisou o 112 Galicia dun home que non respiraba no río nunha zona que non cubría, pero cando chegaron as Emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida
O home, que se bañaba cuns amigos no río Mente nunha zona de pouca profundidade, pasaba as súas vacacións na localidade ourensá
Galicia é a comunidade con máis falecidos por afogamento na auga

Un home faleceu nun río no lugar da Veiga do Seixo, na parroquia de Castrelo de Cima, no concello ourensán de Riós.
Minutos despois das 18:00 horas deste sábado cando un particular solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria urxente para un home que non respiraba. Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.
A central de emerxencias tamén solicitou a intervención da Garda Civil, dos membros de GES da Gudiña e dos efectivos de Protección Civil.
🔴 #AXEGAInforma dun home que perdeu a vida nun río en Riós.
— 112 Galicia (@112Galicia) August 10, 2024
📍 Lugar Veiga Seixo, na parroquia de Castrelo de Cima.
➡️ Un particular deu o aviso ás 18:10 horas.
🔗 https://t.co/RBVXDbAPr5 pic.twitter.com/KVWVAoZiTO