Cargando resultados...
Multan tres madeireiros en Foz por deixar intrasitables varias pistas
As denuncias implican sancións cunha contía conxunta superior aos 10.000 euros
Félix Aragunde
15/05/2023 14:00
Última actualización 15/05/2023 14:08
A Policía Local de Foz denunciou tres madeireiros por deixar intransitables varias pistas deste concello.
Tras realizaren traballos de corta nas parroquias de Nois e de Santa Cilla, supostamente dificultaron o tránsito de vehículos ao quedaren as cunetas cheas de madeira e de restos de biomasa.
As denuncias foron cursadas en base á ordenanza municipal de uso e aproveitamento das vías públicas. En conxunto, as sancións superan a contía de 10.000 euros.
Pola súa parte, o Concello de Foz retirou os restos que obstaculizaban o tráfico e arranxou as pistas afectadas.