Multiplícanse as peticións de partidas de bautismo de emigrados
Ao Arquivo Histórico Diocesano de Santiago chegan cada mes centos de solicitudes de persoas que queren pedir a nacionalidade
Imos entrar no segundo mosteiro máis grande de España.
En San Martiño Pinario está o Arquivo Histórico Diocesano da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Un labirinto de información das parroquias.
Iso inclúe case 40.000 libros de bautizados. Son as partidas de galegos dende o século XVI ata 1930. Unha información moi demandada.
A maioría das solicitudes destas partidas chegan dende América do Sur. Descendentes de emigrantes buscan documentos de parentes de Galicia. E aseguran que as peticións aumentaron dende outubro pola lei da memoria democrática.
Pasaron da media de 200 peticións ao mes ás case 700 de xaneiro. Responderon xa unhas 400.