50 mortos no naufraxio dun caiuco que ía ás Canarias
Rescatáronse 36 sobrevivientes da embarcación, que, en teoría, partira con 86 ocupantes

Unhas cincuenta persoas morren ao naufragar un caiuco que partira o 2 de xaneiro cara a Canarias dende Mauritania, entre elas 44 emigrantes paquistanís, segundo alertou a ONG española Caminando Fronteras.
A noticia da traxedia chegou porque as autoridades marroquís lograron rescatar na xornada de onte, 15 de xaneiro, a 36 sobreviventes dese caiuco que, en teoría, partira con 86 ocupantes, aínda que non se descarta que puidesen ser máis, xa que estivo trece días no mar.
O servizo español de Salvamento Marítimo non ten información sobre este naufraxio, porque os seus medios non interviñeron no rescate dos sobreviventes, a cargo de Marrocos.
Tras coñecer a noticia, o presidente de Canarias, Fernando Clavijo, instou de novo a Madrid e a Bruxelas a actuar.
"Non se pode ser só testemuñas. (...) O Atlántico non pode seguir sendo o cemiterio de África. ", asegura Clavijo, na súa conta da rede social X.
No se puede ser solo testigos. El Estado y Europa tienen que actuar. El Atlántico no puede seguir siendo el cementerio de África. No pueden seguir de espaldas a este drama humanitario. Mi pesar por el fallecimiento de las cincuenta últimas víctimas https://t.co/1nkdyJp049
— Fernando Clavijo (@FClavijoBatlle) January 16, 2025
Segundo a portavoz da organización, Helena Maleno, os ocupantes do caiuco accidentado eran na súa maior parte asiáticos (66 paquistanís, sobre o total de 86), nacionalidades que cada vez se repiten máis con emigrantes de Paquistán, Afganistán, Siria e Bangladesh que xogan a vida na ruta canaria, case sempre en caiucos que parten desde Mauritania.
O suceso está baixo investigación, porque as persoas desa nacionalidade (e as de Somalia, que tamén empezan a aparecer na ruta canaria) maioritariamente tentaban ata o de agora entrar en Europa polo Mediterráneo ou pola ruta dos Balcáns.
Con todo, as cifras son aínda modestas na ruta que moveu o ano pasado case 47.000 persoas e, segundo datos a Axencia Europea de Fronteiras e Costas (Frontex), de xaneiro a novembro de 2024, chegaron ás Canarias en caiucos e barcas 221 paquistanís, 54 bangladesís, 47 somalís, trece sirios, doce afgáns e un palestino.