Cargando resultados...
Novo caos no AVE por un fallo técnico que deixa tirados centos de pasaxeiros
Os usuarios quéixanse das aglomeracións a máis de 40 graos e sen información

G24.gal
24/07/2024 21:04
Un novo fallo técnico na liña do AVE da estación Chamartín en Madrid volve causar moitos atrasos e aglomeracións. Centos de persoas quedaron tiradas á espera de coller os seus trens en plena ponte de Santiago.
Os usuarios volven falar de situación vergoñenta a máis de 40 graos de temperatura e sen apenas información.
Desta volta Renfe sinala como causa deste caos unha caída de tensión que deixou inutilizada a rede durante 40 minutos provocando unha cadea de demoras.