Novo exemplar de carabelas portuguesas nunha praia da Mariña
Nos últimos días recolléronse preto dunha vintena deste organismo con tentáculos que pican
Nalgúns areais prohibiuse o baño e colocáronse carteis informativos
O último avistamento ata o momento de carabelas portuguesas tivo lugar nunha praia de Burela. Deseguido, colocáronse carteis advertindo da súa presenza. A idea é que os usuarios tomen precaucións porque a súa picadura resulta moi molesta.
O tentáculo deste organismo, que de media supera os dez metros, é o que provoca a picadura.
En toda A Mariña detectáronse nos últimos días máis dunha vintena destas falsas medusas, o que converte esta comarca na zona na que se recolleron máis carabelas portuguesas de toda Galicia. En Cervo, membros do GES gravaron unha con tentáculos de máis de cinco metros e con peixes atrapados.
Non achegarse a elas a avisar para que as autoridades as retiren. En caso de recibir unha picadura, dirixirse aos socorristas ou ao centro de saúde se é grave. A presenza de carabelas portuguesas mesmo obrigou a prohibir o baño nalgunhas praias de Foz e de Barreiros.