Cargando resultados...
Nunhas horas pode darse por rematada a erupción da Palma
Este sábado cúmprense os dez días de inactividade, sen emisión de lava e gases
Os expertos non van dar por rematada a emerxencia e continuarán seguindo a súa evolución

G24.gal
24/12/2021 20:41
Faltan 24 horas para que se dea por rematada a erupción da Palma tres meses despois de que comezara.
Este sábado cúmprense os dez días de inactividade, sen emisión de lava e gases, que estableceron os expertos para dar por finalizada a erupción do Cumbre Vieja.
Con todo, os expertos non van dar por rematada a emerxencia e continuarán seguindo de preto o volcán.