O COB esváese no terceiro cuarto e acaba perdendo co Tizona (72-79)
Partido moi igualado que se decidiu no terceiro parcial cun 14-23
O COB perdeu o partido da décima xornada da Leb Ouro ante o Tizona Burgos (72-79). O partido, moi igualado, decidiuse no terceiro cuarto a prol do equipo visitante.
Nos dous primeiros cuartos ningún dos dous equipos conseguiu diferenzas importantes (39-41 ao descanso). Foi no terceiro cando o Tizona comezou a decantar o partido. O COB mandaba cun 46-45, pero un parcial de 0-10 valeulle ao equipo visitante para marchar (49-61).
Tocoulle remar contra corrente ao cadro ourensán no derradeiro, pero xa non puido remontar. Chegou a poñerse a seis puntos cun 60-66, pero non acabou de inquietar ao cadro burgalés. Con este resultado, o COB queda na zona morna con seis vitorias e catro derrotas.