Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dereito de rectificación irá máis alá dos medios e aplicarase ás redes sociais

O dereito de rectificación irá máis alá dos medios e aplicarase ás redes sociais

Os cidadáns que se vexan afectados por noticias falsas poderán exercer o dereito ante usuarios con máis de 100.000 seguidores nunha rede ou máis de 200.000 no total das plataformas

(Europa Press)
EFE 17/12/2024 13:31 Última actualización 17/12/2024 14:26

O Goberno aprobou un anteproxecto de lei para actualizar o dereito á rectificación para abarcar as publicacións en redes sociais e plataformas dixitais, co obxectivo de adaptalo ao ecosistema de Internet e de responder o impacto que as loias están a ter na democracia.

O ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, informou este martes de que o anteproxecto de lei orgánica reguladora do dereito de rectificación é un texto legal novo que substituirá á lei de 1984 e que deriva do Plan de Acción pola Democracia.

O responsable de Xustiza explicou que o Executivo pretende "promover unha maior calidade no debate público, facilitar e garantir o dereito á rectificación" cando alguén se vexa afectado por unha información falsa ou inexacta, unha loia ou unha mentira.

Bolaños asegurou que a principal novidade da norma é que a cidadanía non só poderá exercer o seu dereito á rectificación con respecto aos medios de comunicación, tamén ás plataformas dixitais e aos usuarios relevantes de redes sociais que teñan máis de 100.000 seguidores nunha rede ou máis de 200.000 en todas as plataformas nas que estea presente.

Estas contas, segundo Bolaños, teñen unha difusión maior que as informacións que propagan moitos medios de comunicación tradicionais e "hai profesionais do bulo e da mentira que todos os días enlaman" o debate público con mentiras e falsidades.

Tamén contra eles poderán exercer o dereito de rectificación as persoas que vexan que lles afecta algunha mentira ou algunha inexactitude. 

Esa é unha das novidades máis relevantes da futura norma, que amplía as persoas lexitimadas que poden exercer o dereito á rectificación e que axiliza os procedementos.

Ademais, hai outras que están baseadas na xurisprudencia do Tribunal Constitucional:

-Amplíase o prazo para presentar a solicitude de rectificación ata os dez días (na actual lei eran sete).

-Modifícase o requisito da anterior norma de que o escrito de rectificación debía ir dirixido necesariamente ao director dun medio de comunicación. Ese requisito agora será potestativo e a remisión do escrito facilitarase porque nos casos dos "pseudomedios", segundo o ministro, é difícil coñecer quen o dirixe.

-Suprímese o requisito da contestación por escrito da demanda, co que será máis rápida a sentenza xudicial.

A norma ten só de sete artigos:

-O primeiro trata do obxecto e dos titulares do dereito á rectificación e inclúense expresamente os medios dixitais e plataformas en liña que tamén difunden información.

-Amplíase ás persoas lexitimadas que poden exercer o dereito á rectificación a aquelas próximas a cidadáns que falezan e sufran noticias falsas ou que as sufran despois da súa morte.

-Defínese como se terá que publicar a rectificación, en que prazo e de acordo ao tipo de medio que se trate.

-Os últimos artigos abordan o procedemento xudicial, que se axiliza tamén, no caso de que non se satisfaga o dereito á rectificación. Por exemplo, evítase que haxa unha contestación por escrito que sexa escrita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade