Cargando resultados...
O falecido na praia de Ares era un veciño de Pontedeume que saíra pescar
O corpo sen vida foi atopado por un veciño na fin de semana
Aínda non se precisaron as causas da morte

G24.gal
03/01/2022 19:30
A Garda Civil confirmou a identidade dun cadáver recuperado nunha praia de Ares e determinou que se trata dun home de Pontedeume que acudira á zona para pescar nunha embarcación de pequeno tamaño.
Fontes da investigación indicaron a Efe que o home, duns 60 anos, aparcara o seu coche no porto de Pontedeume pero non precisaron as causas da morte.
O corpo sen vida foi atopado o sábado pasadas as 18:30 horas na contorna da cala do Mourón. Foi un veciño o que descubriu o cadáver, que foi identificado tras a realización da autopsia.