Cargando resultados...
O festival coruñés do Noroeste recupera este ano o formato previo á pandemia
O escenario principal volverá a instalarse na praia de Riazor
Dos artistas que intervirán só se confirmou a presenza do grupo Tanxugueiras

G24.gal
26/05/2022 08:11
O Festival do Noroeste da Coruña recupera este ano a localización e o formato que tiña antes da pandemia de covid-19.
O escenario principal volverá a instalarse na praia de Riazor e programaranse actos relacionados co festival noutros puntos da cidade herculina. Dos artistas que intervirán só se confirmou a presenza do grupo Tanxugueiras.