Cargando resultados...
O HC Coruña estréase na Champions cunha vitoria sobre o Coutras
G24.gal
11/11/2023 22:33
Comezou a participación do Hóckey Club Coruña nesta edición da Champions. E as coruñesas impuxéronse con contundencia diante do Coutras francés. Sempre foron por diante logo dos goles de Beatriz Gaete, Alejandra Martín e Cristina Diz. Acurtou diferenzas Vania Ribeiro, pero Alejandra Martín estableceu o 4-1 que so puido maquillar María Cristina Cumella co 4-2 definitivo. Vitoria local en Riazor.