Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mal tempo terá en aviso dezaseis comunidades autónomas este luns

O mal tempo terá en aviso dezaseis comunidades autónomas este luns

Esta borrasca seguirá incidindo o martes, e o mércores prevese outra

G24.gal 26/01/2025 20:22 Última actualización 26/01/2025 20:52

Este domingo, ademais de Galicia, a borrasca Herminia puxo en aviso outras dez comunidades autónomas. O fenómeno máis notable foi o vento. En Euskadi, onde rexistraron refachos de 160 quilómetros por hora, só ata as tres da tarde, contabilizaran máis de 180 incidencias.

A situación ocasionou interrupcións no tráfico ferroviario e desvíos e cancelacións de voos en aeroportos como o de Santander ou o de Bilbao.

En boa parte da metade norte da península, ata camiñar pola rúa e, sobre todo, cerca do mar foi complicado.

Vento, mar e chuvia, e tamén a neve, van seguir incidindo con forza. De feito, a borrasca avanza cara ao leste e ao sur. Este luns, a AEMET estende os avisos a todas as comunidades autónomas, agás a canaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade